martes, 27 de novembro de 2007

A PORTA DO SUR...un camiño aberto á literatura de expresión portuguesa

Propoñémosvos dende hoxe franquear a porta do sur. Aventurarse no tránsito, doado e irmán, da lectura en portugués. Romper o fecho dunha porta que nos abre un mundo tan próximo como descoñecido, que nos permitirá o coñecemento dunha cultura veciña, que nos deixará voar ao través do océano até o Brasil, que nos descubrirá afastados e exóticos territorios (Goa, Macau, Timor Leste...) Ou, como é o caso do autor de hoxe, iniciar a viaxe nunha lingua irmá para achegarmonos ás ardentes Áfricas. Como galegos, como lectores galegos, este camiño é un luxo ao noso alcance. Tan doado de iniciar como difícil de abandonar.
Para comezar a andaina, a nosa proposta é o autor Mia Couto:

Um breve flash biográfico de Mia Couto


Nasceu na Beira, Moçambique, em 1955. Foi director da Agência de Informação de Moçambique, da revista Tempo e do jornal Notícias de Maputo. Tornou-se nestes últimos anos um dos ficcionistas mais conhecidos das literaturas de língua portuguesa . O seu trabalho sobre a língua permite-lhe obter uma grande expressividade, por meio da qual comunica aos leitores todo o drama da vida em Moçambique após a independência.


Uma pequena bibliografia


Da sua ampla obra literária seleccionamos os seguintes livros, todos eles publicados em português pela editora Caminho:

Contos

- Vozes anoitecidas (Grande Premio da Ficcão Narrativa 1990)
- O fio das missangas
- Cada homem é uma raça

Romances

- Terra Sonâmbula (Prémio Nacional de Ficção em 1995; considerado por um juri na Feira Internacional do Zimbabwe um dos doze melhores livros africanos do século XX.
-O outro pé da sereia


Links de interese













Violencia, xénero e diferencia. En torno ó 25 de Novembro


FICHA TÉCNICA:

Dirección: Iciar Bollaín
Guión: Icíar Bollaín y Alicia Luna
Producción: Producciones La Iguana y Alta Producción
Duración: 106 min.
País: España
Año de estreno: 2003
Reparto: Laia Marull, Luis Tosar, Candela Peña, Rosa María Sardà, Kity Manver, Sergi Calleja, Dave Mooney, Nicolás Fernández Luna, Elisabet Gelabert, Chus Gutiérrez, Elena Irureta.

Antonio ten un problema, os problemas requiren tempo e reflexión, non se poden resolver de repente, á mesma velocidade á que nos ten acostumbrados este presente tecnolóxico: o seu modo de comprensión do Un, do Outro, do Amar, do Saber e do Posuír faille temer a diferenza que a muller encarna en canto outro: por iso a intenta controlar. Controlar non ten nada que ver con amar e aparece a violencia. Porque a violencia e o control sí que teñen moito que ver entre sí. O que a 'súa' muller mostra como exterioridade, a súa simple existencia, é máis que nada a imposibilidade de que o modo de ser humano, demasiado humano do seu compañeiro se realice na historia: o seu compañeiro pensa que amala é posuíla e como non pode, porque posuír non ten nada que ver con amar chega a violencia. Unha violencia horrible, como tódalas violencias. Algo oscuro. Un desastre oscuro. E, como ben dicía a poetisa Safo de Lesbos: "no oscuro mundo, só é fermoso o que se ama".

domingo, 25 de novembro de 2007

25 de Novembro. Os centros educativos contra a violencia cara as mulleres.


25 DE NOVEMBRE: data tope.


Levamos días cunha conta atrás que moitos non soubestes adiviñar. Quizais porque todos e todas vós sabedes que unha data non significa o remate dunha peste, dunha lacra social. Que por riba dos nosos desexos está a crua realidade.
25 de novembro.
Sabemos a historia deste día, sabemos que a muller é máis vulnerábel nas guerras, nos odios, nos enfrontamentos, na violencia.
Sabemos tamén, como educadores que somos, de que o uso gratuíto da violencia como xeito de reafirmación persoal sobre outro é a manifestación máis lamentábel da ignorancia. Só aquel inseguro e con necesidade de amosar a súa posición agride sen motivo.
De aí a importancia da educación, de formar aos mozos e ás mozas, ao noso alumnado por tanto, para combater de raíz as claves da existencia da violencia. Só dende a formación, dende a educación, seremos quen de combater contra ela.
25 de novembro.
Dicimos NON á violencia contra a muller. Dicimos NON a calquera tipo de violencia.
En todos os países medran as denuncias de vítimas de violencia de xénero, nalgúns casos un 400% máis que hai dez anos. Mentres a policía detén maltratadores e os xuíces ditan ordes de afastamento, a mutilación xenital, un tipo de violencia contra a muller, xera novos hábitos nos hospitais.
Algúns grupos de mulleres son particularmente vulnerables á violencia: as mulleres pertencentes a minorías, as mulleres indíxenas, as refuxiadas, as inmigrantes, as mulleres que habitan en comunidades rurais ou remotas, as mulleres indixentes, as mulleres recluídas en institucións ou detidas, as nenas, as mulleres con discapacidades, as anciás e as mulleres en situacións de conflito armado.
25 de novembro
Porque todo tipo de discriminación é violencia, non o esquezamos. O maltrato pode ser psíquico, físico, pero é maltrato. As vexacións, os acosos, as desigualdades, son maltrato. E porque pretendemos e queremos un mundo de iguais, estamos hoxe aquí, unha soa voz, un único berro en contra da Violencia contra as mulleres.
NON Á VIOLENCIA

.

xoves, 15 de novembro de 2007

EXPOSICIÓN ESCHER E MATEMÁTICAS

Como xa estaba anunciado no blog, os alumnos de 2º e 4º de E.S.O. visitaron onte a exposición ESCHER E MATEMÁTICAS no Pazo de Feiras de Lugo. Vimos unha proxección sobre as obras do artista e a continuación levouse a cabo unha visita de máis de unha hora pola exposión. Separados en dous grupos participaron na creacción de mosaicos, caleidociclos e fixeron uso de programas informáticos para a realización de figuras e debuxos usando simetrías. Por último analizaron, xunto coas monitoras, moitas das obras imposibles do artistas.
Pronto colgaremos varias fotos da saída para que as poidades ver. Dende aquí agradecerlles a todos os alumnos a participación na exposición e o seu bon comportamento durante toda a viaxe.

luns, 12 de novembro de 2007

Pequeñas doctrinas de la soledad


Falaremos do silencio. Único antídoto á presente retahíla de proclamas emancipadoras. Un silencio peculiar, cre Morey, o silencio que nos permite dialogar con nós mesmos, escoitar aquilo que anida no máis profundo do noso ser -antes de calqueira normalización preparada polas forzas da sociedade-, para así poder transitar a través do pensamento que move os fíos dese extraño acontecer denominado existencia.

domingo, 11 de novembro de 2007

M.C. ESCHER
O próximo Mércores 14 os alumnos e alumnas de 2º e 4º de ESO visitarán unha exposición en Lugo dedicada a Escher (1898-1971), artista holandés coñecido sobre todo polos seus gravados inspirados nas xeometrías non-euclídeas e en teselacións do plano e o espacio.

FELICITACIÓNS




Queremos felicitar a Lara Santiago Romero, alumna de 1º de ESO que quedou 1ª na categoría infantil na X XVIII edición da Carreira Popular que tivo lugar hoxe en Negreira.




sábado, 10 de novembro de 2007

Atopado no Blog Espacio sobre Literatura


La mala o buena costumbre de robar versos de lo que leemos nos obliga a buscar un lugar para esconderlos, y cual mejor que éste. Aunque os pedimos un favor, si vais al lugar del que los sacamos no se lo contéis a nadie…”
Bótalle un vistazo ao Nº 0 da revista literaria gratuita e "aberta para todo o que quera meterse dentro". "Alguien que anda por ahí". Neste número hai un monográfico sobre Cortazar coa publicación do relato "El perseguidor" ademáis de distintas colaboracións literarias e ilustracións. Si queres podes descargarla en PDF.

Un pequeño inconveniente




Acaba de chegar á Biblioteca o novo libro de Mark Haddon, autor de "El curioso incidente del perro a medianoche". A familia Hall, un entrañable clan ao bordo dun ataque de nervios. O pai, George, afronta a xubilación construíndo un estudo no seu xardín e facendo a vista gorda ante a aventura da súa muller, Jean. Ela atopa cada vez máis complicado citarse co seu amante agora que o seu marido está todo o día na casa. Aínda por riba, o matrimonio ve como os seus dous fillos, o inseguro Jamie e a temperamental Katie, estanse a emparellar da peor forma posible: el con outro home, ela con alguén que simplemente non está á altura. A medida que se achega o día da voda de Katie, todos terán que enfrontarse aos seus medos para pór orde nas súas atribuladas vidas.
É un libro cheo de humor no que se entremezclan situacións traxicómicas.
Atopao na sección de novidades da Biblioteca.

luns, 5 de novembro de 2007

A MATELECTURA DO MES DE OUTUBRO


Varios alumnos de 1º e 2º de E.S.O leron o libro El asesinato del profesor de matemáticas, preséntovolo para todos.

TÍTULO: El asesinato del profesor de matemáticas
AUTOR: Jordi Sierra i Fabra
COLECCIÓN: Duende Verde
PÁXINAS: 169
EDITORIAL: Anaya 2000
De que trata?Tres alumnos compañeiros de clase intentan resolver problemas matemáticos para atopar ó asasino do seu profesor de matemáticas.
Comentario: Moitos compañeiros vosos de 1º e 2º E.S.O. lérono e encantoulles, anímate, hai varios exemplares na túa biblioteca!!!!!!!!