venres, 29 de febreiro de 2008

CLUB DE LECTURA 1º, 2º E 3º ESO


Non iamos ser menos. Doce compañeiros/as de 1º, 2º e 3º da ESO e algúns profes, xa constituimos o noso particular club de lectura. Porque si, porque nos peta, porque nos sae de dentro. Porque lemos para divertirnos, para emocionarnos, para xogar a estar soñando. Temos un espazo aberto para o diálogo e o debate no que ti tamén podes entrar. A aposta vai ser, de seguro, moi interesante. Comezamos c’O neno do pixama a raias de John Boyne. Atréveste?

martes, 19 de febreiro de 2008

CLUB DE LECTURA



Alguén dicía que ler é defender a soedade na que se está. Estou dacordo. Pero tamén, ler, leva implícito o regalo de poder falar co outro acerca daquilo co que se trata na soedade. Un libro, en principio, debe sempre levarnos a outro lugar. Para despois voltar e, nesa tibia distancia, lembrar -como cando Platón dicía que aprender era lembrar- algo que ocorreu.
No FB xa temos dous clubes de lectura. Dous espazos para falar entre nós acerca dos libros e do que neles se conta e de como neles se conta e de canto, onde, desde, &c se contan as cousas coas palabras. Porque quizáis sexa entre as palabras e as cousas onde se xoga o noso destino.
Dende os nosos clubes de lectura, invitamos a todo aquel que queira viaxar cos libros. Dende as palabras ata as cousas. Dende as cousas ata as palabras. Falando. Simplemente falando.

INTERCAMBIO 2007-2008


Nestes días ides ver polo centro e nas vosas clases unhas caras descoñecidas, pero algúns xa sabedes tamén de quen se trata.
Recibimos a nove rapazas e dous rapaces que veñen dun pobo chamado Le Gâvre, en Francia.
Está situado cerca de Nantes (para que vos fagades unha idea...9, e está irmanado con Corcubión. Teñen moito interese en coñecernos, aprender e pasalo ben xuntos. Esperamos que así sea!
Veñen acompañados por tres adultos: Mme Pavageau, M. Fortun e M. Bidaud.
Os rapaces chámanse: Céline, Julie, Maëlle, Charlène, Jeanne, Camille, Emmanuelle, Laura, Élodie, Alan e Nicolas.
Pouco a pouco irédelos coñecendo.

venres, 8 de febreiro de 2008

Ler e ensoñarse


Bueno, aínda que cuns días de retraso, non podemos deixar pasar esta imaxe tan linda. No venres de entroido, os alumnos e alumnas do FB decidiron ir á clase vestidos desa prenda tan entrañable. Acaso hai algo máis gostoso que poñerse en pixama e ler?.
Velaí están -estades- facendo da biblioteca un lugar habitable. Saúde.