mércores, 29 de outubro de 2008

samaín


Dende hoxe ata o venres celebramos na biblioteca a festividade celta do SAMAÍN con música, películas, relatos de terror, etc. Acercádevos a visitala porque ademais está do máis.............escura.........

martes, 21 de outubro de 2008

benvida ao novo curso

Para presentar a biblioteca, dar a benvida a todos os que se incorporaron este ano ao noso instituto e saudar a todos os que aquí seguimos, fixemos unha pequena actividade con poesía, música, cine....á que asistiron moitos alumn@s e profes, queda aquí unha pequena proba para mostrarvos o ben que o pasamos. Seguiremos traballando todo o curso na biblioteca, esperámosvosssssssss

xoves, 9 de outubro de 2008

Xa temos ex libris!


Graciñas a todos e todas por participar no lanzamento da biblio. Grazas Lara! Graciñas Ana!

venres, 3 de outubro de 2008

hABITANDO nO sABER


benvidos, benvidas. Arrincamos un novo curso. Arriscamos un novo curso. Aparece de novo ese estrano quefacer que consiste en ensinar e en aprender. E todos e cada un brilamos, acaso nun mar de posibilidades. Hai que estar atentos. Hai que desexar. Desexalo todo. Coma peixes dourados que habitan no saber de Proteo. Sorte.