“Ela” In Memoriam
El morreu hai trinta anos.
A ela enterrárona estes días: morreu de vella.
El era un home sociable e ben relacionado.
Ela non poñía o pé fóra de cen metros arredor da casa.
El baixaba á vila tódolos días. Ela non ía nin ós enterros.
El era violento e agresivo e mallaba nela día si e día tamén.
Ela era traballadora, simpática e dulce.
El levantaba a man e o que lle cadrara.
Ela sempre levaba caramelos no peto cos que convidaba ós nenos que lle pasaban pola porta.
El viviu protexido por un muro de silencio.
Ela viviu presa tras do mesmo muro.
A morte del só a liberou das tundas.
O muro caeu o día do enterro. Dela
Hoxe os blogs das bibliotecas escolares galegas unímonos de novo contra a violencia de xénero.
"Non aprendemos nada con aquel que nos di: 'fai coma min'. Os únicos mestres son aqueles que nos din: 'faino comigo', e que, en lugar de propornos xestos que debemos reproducir, souberon emitir signos susceptibles de desenvolverse no heteroxéneo..." G. Deleuze
luns, 24 de novembro de 2008
25 de Novembro
Os alumnos de informática de 4º de ESO crearon diversos carteis en contra da violencia, publicamos unha mostra dos seus traballos.
sábado, 22 de novembro de 2008
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



