“Ela” In Memoriam
El morreu hai trinta anos.
A ela enterrárona estes días: morreu de vella.
El era un home sociable e ben relacionado.
Ela non poñía o pé fóra de cen metros arredor da casa.
El baixaba á vila tódolos días. Ela non ía nin ós enterros.
El era violento e agresivo e mallaba nela día si e día tamén.
Ela era traballadora, simpática e dulce.
El levantaba a man e o que lle cadrara.
Ela sempre levaba caramelos no peto cos que convidaba ós nenos que lle pasaban pola porta.
El viviu protexido por un muro de silencio.
Ela viviu presa tras do mesmo muro.
A morte del só a liberou das tundas.
O muro caeu o día do enterro. Dela
Hoxe os blogs das bibliotecas escolares galegas unímonos de novo contra a violencia de xénero.
1 comentario:
Noraboa polo blog.Gústame tal como está artellado e resúltame especialmete atractivo o artigo dos carteis sobre a violencia contra a muller.
Continuade así,pero sin demorar tanto as novas entradas.
Un saúdo
Publicar un comentario