Onte chegaron as mochilas viaxeiras das segundas familias, igual que ocorrera na primeira viaxe, a todos lles parece unha idea moi interesante que os anima a ler e a disfrutar do cine en familia. O libro Veu visitarme o mar, de Rosa Aneiros, é o máis comentado polos pais e os comentarios dos alumnos son sempre das películas e dos cómics.Entre as propostas que nos fan para futuras viaxes están: Memorias dun neno labrego, libros de lectura de mate, novidades xuvenís,etc.
O luns, as mochilas emprenderán unha nova saída acompañando a catro novos alumnos de 1º de E.S.O.
"Non aprendemos nada con aquel que nos di: 'fai coma min'. Os únicos mestres son aqueles que nos din: 'faino comigo', e que, en lugar de propornos xestos que debemos reproducir, souberon emitir signos susceptibles de desenvolverse no heteroxéneo..." G. Deleuze
venres, 16 de maio de 2008
martes, 13 de maio de 2008
día das matemáticas

No ano 2000, a Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas acordou celebrar o 12 de maio de cada ano como día das matemáticas.
A data elixida é a do nacemento de D. Pedro Puig Adam, matemático español, catedrático do Instituto San Isidro de Madrid, e unha das poucas autoridades en didáctica das matemáticas do noso país recoñecidas mundialmente.
Estaremos toda a semana con actividades relacionadas coas matemáticas que deron comezo onte coa proxección da película "La habitación de Fermat", que resultou ser un éxito entre alumnos e profesores. A película abriu o camiño para formular problemas e acertixos que iremos resolvendo estes días e tamén para facer averiguacións sobre a vida e obra de matemáticos que se nomean alí. Conseguimos así, que os alumnos de 1º e 4º da E.S.O. fixeran unha exposición, que permanece na biblioteca, na que podedes descubrir datos de Hilbert, Fermat, Galois, Nash, Vázquez Queipo, Susana Mataix.....
luns, 12 de maio de 2008
1º CERTAME DE MICRORRELATOS

A Biblioteca xunto co Departamento de Normalización Lingüística organiza o 1º certame de microrelatos, dentro das actividades programadas neste mes das letras. aquí
martes, 6 de maio de 2008
Club de lectura da E.S.O.
Hoxe levouse a cabo a xuntanza sobre o libro "O neno do pixama de raias" na que participaron oito alumnos dos dous ciclos da E.S.O. e tres profesores. En xeral, o libro agradou moito e todos salientaron o aspecto tan cruel que viviron os personaxes. Coa esperanza de que non existan alambradas continuamos neste club a espera doutra lectura.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)