martes, 24 de xuño de 2008

adeus co corazón

Toda sensación é unha pregunta, aínda cando só silencio responda. Hoxe hai unha sensación, bueno, xa dende hai uns días. E sí, unha sensación á que só o silencio responde. E é normal que así sexa. Que só o silencio responda cando uns marchan e outros fican. Este post é só unha despedida, un xesto cara unha promoción de alumnos e alumnas que se van. Que remataron unha estapa. Esta etapa con nós. Esta etapa -que feo falar de etapas, non?- xuntos. Pero é que -e eles saben quen son nese silencio que responde- este ano os nenos -sí, os nenos- de segundo de bac foron unha marabilla. O traballo con eles. Na aula, na biblio, na porta do insti... as charlas e as risas e a complicidade que aflorou merece(n) unha chamada. Merece(n) as gracias. Porque son esas pequenas cousas as que lle dan sentido ó traballo dun...Só agardo que a vida vos trate como vós nos tratastes a nós. Moitas gracias. Seguide contando connosco aínda que só sexa na memoria mentres unha sensación pregunta e só o silencio responde.

venres, 20 de xuño de 2008

1º Certame de microrrelatos



Queremos felicitar ás premiadas no 1º certame de microrrelatos pola calidade das súas creacións. Nora boa a : Ana Lojo, Laura Caamaño, Silvia Caamaño, Arantxa Suárez e Luna Eva Yagüe.
Reproducimos aquí o 1º premio de cada unha das dúas categorías. Si queres ler o resto dos premiados entra aquí.


“Entrei no grande edificio cunha enorme ilusión. As paredes tiñan moitos gravados e debuxos. Inclinei a cabeza cara ao teito, como se alguén me estivese a chamar. Alí só estaba o meu reflexo que, sen eu facer nada, levantou a súa man e saudoume. Este non era eu, pero coñecíao de toda a vida, polo que lle devolvín o saúdo e sorrín.”

Ana Lojo Abelleira
3º de ESO



“Querida Sonia:

Quizais non sexa este o mellor momento, pero teño que decirche algo. Fai xa un tempo que nos coñecemos, e nestes meses demostráchesme que podo confiar en ti cegamente. Pois verás

Querida Sonia:
Como xa sabes, este tempo que estivestes ó meu lado non foi o mellor para mín. Estareiche sempre agradecida por apoiarme nestes meses. Pero, unha vez no inferno, un anxo veu rescatarme, e ese anxo es t.

Querida Sonia:
Non sei como empezar. Bótote de menos. Volve.”




Laura Caamaño Huelin

2º Bacharelato

xoves, 5 de xuño de 2008

NORABOA!!!!!!



Felicitamos a Noemi, Adriana, Fátima, María, Ana, Lorena, Brais, Víctor, Marcos, Mariña, Mónica, Lara...polo traballo desenvolvido estes días nos obradoiros de climántica, coa súas explicacións aprendemos o funcionamento dunha depuradora casera, a realización dun forno solar, a difernciar os modelos Ártico e Antártico, como se forman os furacáns, absorción dos raios solares según a cor e tamén a coñecer as diferentes árbores do noso xardín que vemos tódolos días.
Ademais disto hoxe asistimos ás conferencias de Francisco Sóñora e Emilio Fernández sobre o cambio climático e a continuación pasámolo moi ben con magos, contacontos, música, etc., enmarcado todo esto na actuación climantopía.
Saúdos a todos e esperamos que o disfrutáradesssssss

martes, 3 de xuño de 2008

EU TAMÉN SON CLIMÁNTICA...se ti cambias, o clima tamén...

Esta semana desenvólvense no noso instituto as xornadas climántica: Clima, Home, Cambio, proxecto de educación ambiental sobre o cambio climático que expón –ao longo de oito unidades didácticas- os grandes problemas ambientais, á vez que os relaciona co cambio climático a nivel global. Mércores 4 e xoves 5 levaranse a cabo obradoiros, mesas redondas, contacontos e o espectáculo Climantopía con música, teatro, magos,etc. Así mesmo, durante toda a semana os corredores do instituto albergan a exposición: O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción.
Dentro do proxecto Climántica destaca a participación do alumnado, que é o encargado de presentar os obradoiros ao demais persoal do centro. Neste caso, a preparación levárona a cabo os alumnos de 4º E.S.O. e 1º Bach do bloque científico asesorados previamente por monitores do proxecto.

Esperamos que o aproveitedes e o disfrutedes ao máximo^^
programa