mércores, 18 de marzo de 2009

"Taller de novos medios"

Onte tivemos unha tarde de TICs na nosa biblioteca. Dani, da empresa Galinus, estívonos dando ideas e ensinándonos moitas cousas para usar as novas tecnoloxías, aprendemos moitísimo Dani, grazas por estar connosco.

venres, 6 de marzo de 2009

Fallo do I Concurso de carteis e slogans

O ENDL convocou un concurso de carteis co obxecto de fomentar o uso do galego, estaba aberto a tódolos alumnos do centro, aínda que só se presentaron 10 traballos de alumnos e alumnas de 4º de E.S.O.
Os premiados foron Belkys Sánchez, Javier Domínguez e Luis Eduardo Pan, noraboa a todos e grazas por participar.

mércores, 4 de marzo de 2009

Xabier Docampo

escribo para lerme, leo para lerme........



Estas foron algunhas das frases do escritor na tertulia do martes pola tarde, moitas grazas por compartir tantas cousas connosco.

luns, 2 de marzo de 2009

visitaaaaa


Mañá visita a nosa biblioteca o escritor, contacontos, actor de teatro........Xabier Docampo. A partires das 16:30h estará connosco para contarnos moitas cousas e facernos pasar unha tarde "lectora", estades todos convidados.