De MESTURAS collemos esta magnífica presentación.
"Non aprendemos nada con aquel que nos di: 'fai coma min'. Os únicos mestres son aqueles que nos din: 'faino comigo', e que, en lugar de propornos xestos que debemos reproducir, souberon emitir signos susceptibles de desenvolverse no heteroxéneo..." G. Deleuze
sábado, 30 de xaneiro de 2010
venres, 29 de xaneiro de 2010
mércores, 27 de xaneiro de 2010
Miguel Vázquez e Xosé Tomás
Mañá visitan a BiblioFernandoBlanco Miguel Vázquez e Xosé Tomás, traballaremos con eles algúns capítulos de ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?, novela na que se baseou a película Blade Runner.
Miguel Vázquez Freire (Corcubión) é profesor de Filosofía no IES Eduardo Pondal de Santiago, colaborando como crítico de literatura infantil en numerosas publicacións. Foi director da revista infantil “Golfiño” e codirector da colección Merlín de Edicións Xerais de Galicia.......
Xosé Tomás Díaz (Betanzos) ten desenvolvido a súa actividade maioritariamente no eido da ilustración e do humor gráfico. O seu debú monográfico en BD chegou coa obra Tolos, para a Universidade da Coruña. Colaborou no suplemento "Xatentendo.com" de "La Voz de Galicia" e traballa como debuxante nas edicións da Coruña e de Carballo deste xornal. Tamén fixo ilustracións e cómics para a Revista "Plis-Plas" (Radio Galega / Xunta de Galicia). Participou habitualmente na primeira etapa de "Golfiño", realizando pasatempos.....

martes, 12 de xaneiro de 2010
Que explicación lle darías a estas catro igualdades???

Unha pista, a resposta hai que pensala en castelán.........................
Copiado da web de Mates +, deixa a túa resposta en Comentarios.
luns, 11 de xaneiro de 2010
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)