martes, 18 de outubro de 2011

Chega o Samaín á biblioteca

Prepárate para pasar medo...

O próximo venres 28 de Outubro celebraremos o Samaín na biblioteca. Un espazo aterrador, lecturas arrepiantes, imaxes de ultratumba, música pavorosa, luces e sombras que veñen do máis alá...
Actrices (e algún actor) dos cursos de bacharelato darán a coñecer o seu testemuño espectral, experiencias terroríficas vividas en primeira persoa. Atreveraste a vir?

8 comentarios:

Calpurnia dixo...

mmm k miediño dades jejejej

desde diáspora:ánimo, suerte y k salga todo bien, "usease" como siempre.

bicos a todos/as

Lisa dixo...

Dende a diáspora, claro que sí...esto sí que o boto de menos,dá moito curre pero é moi gratificante..Encántame o Samaín do FB!!!!!!!!!!!!!

MATE dixo...

Ola, que todos saia ben.

Anónimo dixo...

A verdade é que a ambientación e o atrezzo están moi logrados. A min prodúceme especial morbo a presenza dos candelabros da capela. Calquera día vai comparecer, en pleno Samaín, o mesmiño Filántropo: "Devuélvanme mis pertenencias, rapacetes, y respeten el descanso de los fenecidos" ¡Que medo! Daquela si que imos cagar todos pola pata abaixo e deixalo todo perdido. O Samaín vai devir en Sacaguei. Que teñades un bo venres.

Eih, equipo, que tal saiu todo?? para a semana revisarei por aquí a ver se hai probas gráficas...

Serxio dixo...

Uauuuu! Saíu todo de medo. As rapazas,terroríficas, o atrezzo impresionante (grazas, Silvia!!)e as historias, moi literarias, das mellores. Nos próximos días, probas gráficas e góticas.

Sr. Gato con chanclas dixo...

Ola pandilla!
Sentín moito perderme o Samaín deste ano... É horrible non ter un só día libre!
Xa vin unhas cuantas fotos que circulan por aí... E están xenialosas.
Por certo, esta vez non cadrou, pero por si acaso: os personaxes con bata e zapatillas que fuman pipa téñoos patentados eh! Jajaja
Apertas para todos!

P.D: espero poder facervos unha visitiña dentro de pouco :)