miércoles, 21 de mayo de 2014

Letras galegas: a forza das palabras






Reviravolta, aturuxo, xurelo, xeito, parafuso, funil, landra, foliada,… máis de duascentas palabras galegas adornaron ó longo da semana do 12 ó 17 de maio os espazos comúns do noso instituto, penduradas ó longo dos corredores e nos ocos das escaleiras.
Como remate final a esta semana das Letras Galegas, o venres día 16 durante o recreo puidemos gozar dun recital poético preparado polo profesorado das linguas galega e castelá e o alumnado da ESO e Bacharelato. Neste acto tamén se entregaron os premios do VII certame de microrrelatos.




No hay comentarios: