martes, 20 de maio de 2014

Samaín IV




O mércores 30 de outubro, e tras un ano de descanso, celebramos a 4º edición da festa do Samaín.
Representáronse na biblioteca as seguintes lecturas adaptadas: A dilixencia pantasma (Amelia B. Edwards) , O cadro Asasinado. (Méndez Ferrín) , Sobre da morte do Bieito. ( Rafael Dieste.), Os que ignoran que están mortos. ( Amado Nervo) , Un conto para durmir ( Chris Mould) e o Poema Annabel Lee (Poe).



Novamente esta actividade destacou, non só polo éxito da mesma ante os espectadores/as, senón tamén pola súa difusión e a ampla participación da comunidade educativa: alumnado da ESO e Bacharelato, Profesorado do Equipo da Biblioteca e Normalización lingüística, profesor de plástica, bedeis...

Ningún comentario: