mércores, 21 de maio de 2014

VII Concurso de microrrelatos



O venres 16 de maio no acto de celebración do Día das Letras Galegas, tivo lugar a entrega de premios do VII Certame de Microrreltos.
Estes son os dous microrrelatos gañadores da Categoría B (4ºESO e Bacharelato):



1º Premio
Confianza
Ela di que non se pode confiar en ninguén, que no único no que podes confiar, no único no que podes crer é en ti mesmo. En ti mesmo e na música.

A música soa de fondo.

Ela respira, pecha con forza os ollos e flexiona o seu dedo apretando o gatillo.

A música segue soando mentres cumpre a súa parte.

Ela xa non sentenada porque non puido cumprir a súa.

                                                              Paula Vázquez Castiñeira. 1º Bacharelato A






2º Premio
A salvo
Tiña frío, moito frío, non sentía as miñas extremidades, apenas era capaz de formular unha palabra. Chovía, sentía as pingas de auga caer sobre a miña cara, as cales limpaban o sangue, pero aumentaban o meu frío, o que me inmovilizou completamente.

Intentei pedir axuda pero non fun capaz.

Espertei, pensei, fun capaz de escapar daquel sitio…daquel home.

Durmín e cando espertei doíame todo, ao lonxe escoitei aos meus país que falaban co médio…e souben que estaba a salvo e choraban, pero eu ría…volvín quedar durmida e desta vez non volvín despertar.

                                         Margot Campetella Vilela. 1º Bacharelato A

As alumnas premiadas recibiron cadanseu vale de compra de 100€ e 50€ respectivamente a cambiar por material didáctico nas librarías de Cee.

Ningún comentario: