martes, 11 de novembro de 2014

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA NA BIBLIOTECA


Este novembro celebramos o mes das ciencias en galego na biblioteca. Con tal motivo sacamos unha escolma de libros científicos dos seus andeis cara a fóra, dando a cara. Porque as ciencias son tamén protagonistas na biblioteca. Achégate a descubrir un novo mundo, experimenta, revira, elixe, le. Non deixes que as ciencias pasen sen tocarte. Podes ler o fermoso manifesto do eminente científico galego Ángel Carracedo, que como lembrarás, nos visitou o curso pasado ofrecéndonos unha apaixonada e intereresantísima charla sobre o ADN.
Ademais, dende a Asesoría de bibliotecas escolares ofrécesenos unha recompilación de recursos dixitais relacionados coa ciencia en galego.

Ningún comentario: