luns, 15 de decembro de 2014

Club de lectura Nautilus. Comezamos con Kafka


Unha mañá, ao espertar dun soño desacougante, Gregor Samsa apareceu no seu leito transformado nun insecto monstruoso.
No recreo do próximo xoves 18 de decembro, os tripulantes do Club de lectura Nautilus seremos tamén un pouco bechos. En torno á lectura de Kafka e da súa fantasía entomolóxica,  as palabras tamén se metamorfosearán afastándonos dunha identidade inxectada polo social. Quen son os insectos? A quen hai que temer? O xoves comeza, pois, a nosa metamorfose.

Ningún comentario: