luns, 19 de xaneiro de 2015

Ano novo, ilusións anovadas!

Comezamos o ano (outro máis) coas mesmas intencións de sempre: ilusión por aprender e ganas de traballar compartindo. Voltamos con azos e forzas para levar a cabo proxectos e soños.
O grupo de teatro, xa realizando ensaios, ten por diante un traballo duro pero moi ilusionante.
Axiña daremos conta aquí das súas andanzas.
Mentres, o club de lectura segue o seu camiño. Para fins de mes, reunión ao redor dunha das novelas americanas máis significativas: Matar un ruiseñor, de Harper Lee. Un impactante retrato social da vida sureña americana, coa inxustiza racial como protagonista.

Ningún comentario: