martes, 7 de abril de 2015

Nu shu: a linguaxe secreta das mulleres chinesas


O club de lectura Nautilus procurou desta vez o achegamento á cultura e tradicións chinesas desde o punto de vista feminino coa lectura da obra El abanico de seda, de Lisa See. a narración da súa protagonista, Lirio Blanco, foinos levando por un tránsito duro e cruel: o das mulleres dunha remota provincia chinesa a fins do século XIX, ailladas nas súas casas e sometidas ás férreas autoridades sociais e familiares. A lectura deixounos un pouso amargo, pero fíxonos bater novamente coa realidade da discriminación das mulleres, desta volta, nos afastados confíns do Oriente. 

Ningún comentario: