"Non aprendemos nada con aquel que nos di: 'fai coma min'. Os únicos mestres son aqueles que nos din: 'faino comigo', e que, en lugar de propornos xestos que debemos reproducir, souberon emitir signos susceptibles de desenvolverse no heteroxéneo..." G. Deleuze
xoves, 21 de maio de 2015
Lendo nas Letras
Celebramos o pasado venres 15 un fermoso acto. Tan sinxelo e simple coma emotivo e necesario. Porque é necesario máis que nunca deixar voar as palabras en galego. Os poemas fermosos, as narracións extraordinarias, as verbas de mel e de ferro. As multicolaboradoras Paula Vázquez, Mónica Allo, Elisa Lema e Paula Santos leron con emoción e valentía textos en galegos de moi diversos autores, orixes e estilos. Lingua viva e activa, ouvidos espertos e intelixentes. Mil primaveras máis!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario