luns, 18 de maio de 2015

VIII Concurso de microrrelatos

Outro ano máis, e xa van oito, dende a biblioteca agroman novos talentos creadores. O pasado venres 15 de maio fíxose entrega dos premios do VIII Concurso de Microrrelatos, sendo premiados os seguintes traballos: Está morrendo, de Alejandra Verdía (3º ESO); O mozo do compás, de Paula Vázquez (2º BAC-C) e Que bonitas as historias..., de Mónica Allo (2º BAC-C). Parabéns para as novas escritoras da factoría Fernando Blanco. Velaí van os relatos:

Estou morrendo (Alejandra Verdía) 1º Premio Categoría A

Mamá e Papá non me fan caso, mais o meu osiño ten calor. Eles seguen ao seu mentres el se axfisia.
Mamá e Papá non me fan caso, e o meu osiño ten fame. Eles comen a gusto, pero el xa non encontra nada que comer.
Mamá e Papá non me fan caso, mais o meu osiño está chorando. Eles seguen derrochando, mentres el chora polo seus caídos.
Mamá e Papá non me fan caso, e o meu osiño está morrendo. Agora choro porque sei que el é o derradeiro.

O mozo do compás (Paula Vázquez) 2º Premio Categoría B

Din que o primeiro que se esquece dunha persoa é a súa voz. Pero eu non quero esquecer a túa. Ese magnánimo segredo que levabas tan agochado debaixo daquel rapaz de dezaseis anos con gorro de lá e ollos verdes. Aquela voz profunda que apenas dicía dúas palabras cando nos coñecimos. Aquela que cantou comigo esa canción o último día que pasamos xuntos.
Non a volvía escoitar, sabías? Quero ter a nosa versión para sempre na cabeza porque, aínda que xa non sigas aquí, sigo queréndote como o primeiro día. Teu por sempre. O mozo do compás.

Que bonitas as historias (Mónica Allo) 1º Premio Categoría B

Que bonitas as historias que podes inverntar observando a descoñecidos pola rúa.
Mira eses dous. A moza da camisa verde e o rapaz dos pantalóns grises. Ao mellor, el é o mellor que lle pasou a ela en toda a súa vida. Pode que un día, mentres ela facía a pé o camiño ata a facultade, comezase a chover. Quizais a rapaza se metera nun bar coa única finalidade de que non se lle mollase o pelo acabado de alisar. Pode ser que o rapaz que había detrás da barra fose el, que non cría no amor a primeira vista.

Ningún comentario: