luns, 1 de xuño de 2015

Roteiros didácticos co grupo de teatro e o club de lectura


O mércores 27 e o xoves 28 de maio, estivemos de andaina cultural polas terras do norte. O grupo de teatro Tuéjele e o club de lectura Nautilus visitamos na cidade da Coruña o Teatro Colón, a RAG e a casa-museu de Emilia Pardo Bazán. Ao día seguinte fixemos un interesante roteiro natural polas fragas do Eume e remate con visita ao parque do Pasatempo en Betanzos. Dous días intensos e fermosos, cheos de compañeirismo, anécdotas, ensaios de teatro e descubrimentos marabillosos. Dá gusto facer actividades con esta xente!!

Ningún comentario: