MICRORRELATOS

Entrega de premios do III concurso de microrrelatos e presentación de Nautilus.2

Xa está convocado o III CERTAME DE MICRORRELATOS, as bases están nos taboleiros.



IICERTAME DE MICRORRELATOS 2009




PRIMEIRO PREMIO

Cando as ras críen pelo
Por Serxio Vázquez Castiñeira
1º Bacharelato B.

Eu sonche un labrejo de toda a vida, que non viu moito mundo, pero pódoche disir que nunca se viu cousa ijual, nin aquí nin en nincún sitio

Como che dixen son labrejo, así que non che sen por que pasou, pero pasou: un día, tódalas ras da fraja apareseron cheiñas de pelo.

Ó prinsipio tomámolo de chiste, pero a cousa empeorou. A xente non sabía que faser. Uns que era unha frase feita; outros que feita si, pero promesa tamén…

Pero bueno, nunca peor.

Ajora estamos vixiando os porcos…


SEGUNDO PREMIO

Ana Lojo Abelleira
4º ESO

- Entón dis…que se me tiro… voarei?
- Estou segura.
- Non sei…
- Mira, ti podes ler o que pon neste papel?
- Non.
- Logo quere dicir que te atopas nun soño, e podes facer calquera cousa, mesmo voar.

Luís colleu impulso e tirouse do balcón, mentres a súa irmá enrugaba o papel no que escribira un garabato.

I CERTAME DE MICRORRELATOS 2008



Queremos felicitar ás premiadas no 1º certame de microrrelatos pola calidade das súas creacións. Nora boa a : Ana Lojo, Laura Caamaño, Silvia Caamaño, Arantxa Suárez e Luna Eva Yagüe.
Reproducimos aquí o 1º premio de cada unha das dúas categorías. Si queres ler o resto dos premiados entra aquí.


“Entrei no grande edificio cunha enorme ilusión. As paredes tiñan moitos gravados e debuxos. Inclinei a cabeza cara ao teito, como se alguén me estivese a chamar. Alí só estaba o meu reflexo que, sen eu facer nada, levantou a súa man e saudoume. Este non era eu, pero coñecíao de toda a vida, polo que lle devolvín o saúdo e sorrín.”

Ana Lojo Abelleira
3º de ESO



“Querida Sonia:

Quizais non sexa este o mellor momento, pero teño que decirche algo. Fai xa un tempo que nos coñecemos, e nestes meses demostráchesme que podo confiar en ti cegamente. Pois verás

Querida Sonia:
Como xa sabes, este tempo que estivestes ó meu lado non foi o mellor para mín. Estareiche sempre agradecida por apoiarme nestes meses. Pero, unha vez no inferno, un anxo veu rescatarme, e ese anxo es t.

Querida Sonia:
Non sei como empezar. Bótote de menos. Volve.”




Laura Caamaño Huelin

2º Bacharelato