BiblioFernandoBlanco
"Non aprendemos nada con aquel que nos di: 'fai coma min'. Os únicos mestres son aqueles que nos din: 'faino comigo', e que, en lugar de propornos xestos que debemos reproducir, souberon emitir signos susceptibles de desenvolverse no heteroxéneo..." G. Deleuze
venres, 19 de decembro de 2025
mércores, 17 de decembro de 2025
mércores, 12 de novembro de 2025
"NAUTILUS", o noso club de lectura, xa comezou a súa viaxe.
As propostas lectoras coas estamos neste momento son:
- Un feiticeiro de Terramar: Historias de Terramar I
- Manga: Dr. Stone, volume 1.
Aínda podes incorporarte a estes grupos lectores.
Non o dubides e enrólate connosco!!
martes, 4 de novembro de 2025
UN ANO MÁIS:
"A BIBLIOTECA RECIBIU O SAMAÍN"
O 30 de outubro, o grupo "Tuéjele teatro" do noso centro levounos da man das súas historias interpretadas entre os andeis da Biblioteca do Fernando Blanco, ao territorio do escuro e ao mundo dese más alá que ás veces habita entre nós. Coma en todas as celebracións anteriores desta data, da man do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística, o espazo foi ataviado para a ocasión e acolleu aos actores e actrices que tan ben nos conduciron entre defuntos, espíritos e pantasmas.
Na páxina web do noso centro poderás acceder a máis fotos e información.
luns, 6 de outubro de 2025
Se queres formar parte dos nosos clubs de lectura, entre eles un de manga, anótate estes días. Podes facelo na propia Biblioteca ou dicíndollo a calquera dos teus profesores das linguas ou aos responsables da Biblioteca ou do propio Club de lectura que están pasando polas aulas.
Procura estar pendente dos carteis que te irán informando das xuntanzas que imos celebrar, así como deste blog e do noso instagram.
Anímate a navegar e a sucar os mares da lectura compartida!!
martes, 16 de setembro de 2025
xoves, 19 de xuño de 2025
Un libro, a mellor compaña,
tamén en verán
Estes días, tal e como podedes ver no noso Instagram, realizáronse os últimos encontros cos nosos clubs de lectura.
Eles deixáronnos as súas recomendacións na campaña "Patrocina un libro".
Se queredes , podedes velos e mesmo levalos en préstamo para o verán.
Nos andeis físicos que presentan as nosas novidades ao longo do curso tamén atoparedes ideas.
As nosas novidades incluídas no catálogo poden seducirvos e, por suposto, sempre é posible pedirnos consello.
Animádevos, neste descanso estival tan merecido, a estardes acompañados e acompañadas dun bo libro.
luns, 5 de maio de 2025
LETRAS GALEGAS 2025
Entrou este novo mes e achegámonos á celebración oficial de cada 17 maio. Como sabedes, esta Biblioteca, así como algúns departamentos, vimos traballando desde xaneiro nesta temática.
O Día das Letras Galegas de 2025 está dedicado ás cantareiras. Para representar a esas mulleres que preservaron a tradición oral das cantigas galegas, dende a Real Academia Galega escolleron a:
- Adolfina e Rosa Casás, de Cerceda.
- Eva Castiñeiras, de Muxía.
- Prudencia, Asunción Garrido e Manuela Lema, tres das integrantes das Pandeireteiras de Mens, de Malpica de Bergantiños.
A nosa Biblioteca xa presentara varios dos fondos relacionados con esta temática, mais agora temos outras novidades para ofrecervos.
mércores, 23 de abril de 2025
Fernando Castro Paredes gaña o Premio Galaxia de Novela 75 Anos con O lanzador de coitelos
Hoxe, coincidindo co Día do Libro, a Biblioteca do IES Fernando Blanco quere compartir o orgullo e a enorme ledicia que lle produce vir de coñecer que un dos integrantes do seu equipo desde hai anos, así como gran compañeiro de lecturas, vén de gañar este prestixioso premio.
Parabéns Fernando!
Arelamos ter nas nosas mans esa novela. Nos andeis da Biblioteca xa ten reservado o seu oquiño.
Enlaces á nova:
venres, 21 de marzo de 2025
Quedarás deslumbrado pola súa luz,baixo da sombra verde do bosque.A poesía é o grande milagre do mundo!Luís Pimentel, Sombra do aire na herba (1959)
PARABÉNS NO DÍA MUNDIAL DA POESÍA!
Aquí tedes algunhas das nosas propostas de lectura. Achégate a velas e lembra que podes levalas en préstamo.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)




