"Non aprendemos nada con aquel que nos di: 'fai coma min'. Os únicos mestres son aqueles que nos din: 'faino comigo', e que, en lugar de propornos xestos que debemos reproducir, souberon emitir signos susceptibles de desenvolverse no heteroxéneo..." G. Deleuze
luns, 23 de marzo de 2026
venres, 8 de marzo de 2024
8 DE MARZO: ELAS E AS SÚAS VOCES
AS DAMAS QUE ANTANO CANTARON
Cantar o cantar das damas que foron, coas neves de
antano e a soga ao pescozo. Suicidas por sobreviver.
Santas de levitar. Loucas de corazón. Coas palabras
torcidas cantar como a água nas estalactitas do olvido.
Surxiron das telas, das doces telas perfumadas en que
envolver os sentidos. No pensamento os paxaros
asubiaban boleros. Eran nais e criadas coas mans
vermellas de esfregar e non bandeiras. Palabras de
conformidade tiveron, señoras da navegación
subterránea.
Tamén tiñan corpo. Ese corpo burdel cos veludos
vermellos cambiados por fitas verdes de seda, meu
señor. E si, si, si, palabra penélope da espera.
E alma para comprender sen precisar de ensinanza,
siléncio, riso e alimento torrencial para amamantar
greis enteiras.
Asi foron feitas, carne de multiplicar e de verbo. Por iso
agora aqui quero
Cantar o cantar dos cantares, de Safo-alceu a
safiduría, con Afrodita nos mares incitando-te para que
te despeñes, e Helena para que saibas como morre o
Cazador por ti e por amor da morte.
O cantar de Exéria á ida e o de Prócula á volta, cos teus
andares camiños entre as baladas do tempo.
De Hildegarda o latín que aprendeche en segredo, nos
conventos da noite, para acabar, case antonte, na
interxección dun disparo.
De Murasaki Shikibu as colunas de signos que
sosteñen Xapón e o teu escreber desde o fundo dos
mares.
De Rosa, Marie, Rosalía, Florbela, Dolores, Virxinia,
Simone e porque nunca seus nomes esqueza ninguén
de cantar Frida Khalo.
LUÍSA VILLALTA (Letras galegas 2024)
VENAS VER, LER, SENTIR, COMPARTIR NA NOSA BIBLIOTECA
UNHA EXPOSICIÓN ACHEGARATE A ELAS E A MOITAS OUTRAS
mércores, 17 de maio de 2023
mércores, 21 de maio de 2014
Letras galegas: a forza das palabras
VII Concurso de microrrelatos
luns, 23 de maio de 2011
mércores, 18 de maio de 2011
venres, 14 de maio de 2010
Novoneyra
Ademais dos nosos traballos mostramos unha recopilación de presentacións nos cederon compañeiros doutros centros sobre O poeta do Courel.
Este envíanolo o ENDL do CPI O Progreso, grazas!!
Grazas a Marina de biblioarzua polo seu fabuloso traballo Unha homenaxe a través da flora.
Letras Galegas 2010, Uxío Novoneyra, "O poeta do Courel"
Grazas a Loly Lago, O segrel do Penedo, e a Emilio Roca, Vilán, por compartir connosco o seu traballo, Follarasca de Uxío Novoneyra.

