Mañá visitan a BiblioFernandoBlanco Miguel Vázquez e Xosé Tomás, traballaremos con eles algúns capítulos de ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?, novela na que se baseou a película Blade Runner.
Miguel Vázquez Freire (Corcubión) é profesor de Filosofía no IES Eduardo Pondal de Santiago, colaborando como crítico de literatura infantil en numerosas publicacións. Foi director da revista infantil “Golfiño” e codirector da colección Merlín de Edicións Xerais de Galicia.......
Xosé Tomás Díaz (Betanzos) ten desenvolvido a súa actividade maioritariamente no eido da ilustración e do humor gráfico. O seu debú monográfico en BD chegou coa obra Tolos, para a Universidade da Coruña. Colaborou no suplemento "Xatentendo.com" de "La Voz de Galicia" e traballa como debuxante nas edicións da Coruña e de Carballo deste xornal. Tamén fixo ilustracións e cómics para a Revista "Plis-Plas" (Radio Galega / Xunta de Galicia). Participou habitualmente na primeira etapa de "Golfiño", realizando pasatempos.....
Ningún comentario:
Publicar un comentario