lunes, 17 de enero de 2011

ANoCa

Aprender No Cárcere, proxecto desenvolvido por profesores da EPAPU de Teixeiro para intentar establecer unha conexión, comunicación, etc. entre as internas e internos dese cárcere e os nenos e nenas dos centros de Secundaria.
Hoxe os alumnos de PCPI, 4º de ESO e Bach do noso centro recibiron a visita de Roberto e César, dous presos desta cárcere que lle explicaron durante 2 horas as razóns polas que acabaran alí, a súa vida entre muros, os estudos que cursaban e o que pretendían con esa charla: alonxar as drogas das aulas. Foi unha actividade excelente e os alumnos e alumnas pasaron as seguintes horas comentando o moito que lles gustara e o ben que estivera. Parabéns a todos os que desenvolven este proxecto.
Para comentar algo sobre a charla entrade no seguinte enlace.

2 comentarios:

Calpurnia dijo...

Foi moi interesante. Ideas así merecen a pena. Aprendimos moitas cousas dese mundo que ás veces pensamos que só existe nas pelis...pero é real. Gustoume.

Blog Fernando Blanco dijo...

Grazas a todos os alumnos por comentar no blog de ANOCA, Roberto e Cesar están preparando os seus comentarios tamén.