lunes, 21 de febrero de 2011

Informática tamén le!!!

A hora de ler chega a 4º da ESO no IES Fernando Blanco despois de ser implantada paulatinamente dende fai 4 cursos, e este ano, lemos tamén en informática. Non o faremos da forma habitual coma nas outras materias senón que será lectura dixital a través da páxina ellibrototal.
Eles mesmos elixiron os libros esta semana e xa comezaron as lecturas, non é un ebook pero é unha paxina recomendable para todo aquel que queira ir adentrándose neste mundo da lectura dixital pouco a pouco. Posúe dicionario, pinchando na palabra que descoñezas terás o seu significado e incluso unha pequena axenda, se te rexistras como usuario, onde anotas os teus apuntamentos e gardas a páxina na que quedas lendo.Non ten moitos títulos pero para ir empezando non está mal.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

A verdade é que é TOTAL, moi boa elección, espero que vos resulte, parabéns.

calpurnia dijo...

pero...total, total