A mediados de febreiro celébrase O Día Internacional de Internet Segura, quizais sexa necesario reflexionar sobre este tema, INTERNET NON É UN XOGO, É A TÚA VIDA!!
Podedes visitar varios sitios web onde atoparedes documentación sobre este tema e gustaríame que vós mesmos sacárades as vosas propias conclusións.
- No blog de mateinfor do noso instituto tedes publicados unha serie de vídeos sobre internet segura e xa hai aberto un pequeno debate en comentarios, analízaos e comenta ti tamén.
- XarxaTic escribiu unha nota na súa web, non sobre perigos en internet, senón sobre conductas inseguras navegando.
- O blog aprender a pensar tamén fai un estudo sobre "navegar con menores" con enlaces interesantes a outras web.
Revisa este vídeo...
Tés privacidade de verdade??
Facede vós unha reflexión sobre este tema e comentade neste blog a vosa visión, animádevos a abrir un debate en comentarios!!
2 comentarios:
penso k algo de razón hai neso dos peligros de internet, porque os meus pais non se enteran do que fago, pero penso que son responsable e non me vai pasar nada.
debate: ¿que me quiten o ordenador do meu cuarto salvaríame dos perigros?penso que non ¿que pensades vos?
O ordenador non é un problema, temos que ser nós responsables e penso que estes vídeos nos axudan a iso. Na clase de informática traballaron este tema, podes ler aquí algo do que se escribiu e comentar ti tamén.
http://ticfb.blogspot.com/2011/02/internet-ssegura.html
Publicar un comentario