lunes, 7 de marzo de 2011

Cultura Clásica celebra o Día Internacional da Muller

Como non esquecemos que o 8 de marzo é o Día Internacional da Muller e temos que comezar a unidade didáctica "A vida cotiá en Grecia", trataremos, pois,para celebrar ese día, o papel da muller na Grecia clásica.
As actividades que se desenvolverán serán as seguintes:
1)Procura de información na rede sobre dúas mulleres que foron importantes en Grecia en diferentes eidos: Aspasia e Safo.
2)Visualización do vídeo "La imagen de la mujer en la Grecia clásica" que se achega nesta entrada. Cómpre que tomedes notas sobre el porque faremos un comentario na clase.

No hay comentarios: