xoves, 8 de marzo de 2012

Xogando á fantasía con Fernando Díaz-Castroverde


No pasado mes de febreiro o alumnado da ESO participou no obradoiro de creación literaria dirixido polo escritor e profesor de literatura Fernando Díaz-Castroverde, premio Repsol de narrativa breve no 2011. O seu libro, Microbios e outros paquidermos, é un soberbio conxunto de microrrelatos que combinan a orixinalidade co humor nun enxeñoso prodixio de brevidade e condensación literaria. Sen dúbida, unha recomendación lectora moi saudábel. Os rapaces e rapazas da ESO tiveron ocasión de xogar coas palabras, xerar historias fantásticas e sobre todo, divertirse en torno á literatura. Agardamos que a experiencia servise de canteira para o noso próximo concurso de microrrelatos, do que axiña teremos noticia.

Ningún comentario: