xoves, 21 de xuño de 2012

Presentación da revista NAUTILUS

O pasado venres 15 de xuño presentamos na biblioteca o novo número da nosa revista Nautilus. Un ano máis (xa van cinco números editados) sentímonos moi orgullosos dunha publicación feita coa colaboración do alumnado do instituto e dos nosos queridos "tripulantes na diáspora", amigos e amigas ex-alumnos/as que manteñen vivo o seu vínculo coa biblioteca. Graciñas a tod@s pola vosa participación e por facer realidade este feixe de soños impreso.
E como colofón, o fantástico recital poético musical de María Lado e Lucía Aldao. Un excelente broche final para despedir o curso. Poesía, humor, música, sensibilidade e moito agarimo. Parabéns enérxicos dende a biblioteca para as dúas poetas.

Ningún comentario: