venres, 13 de maio de 2016

Subida á Moa

Como todos os anos, e organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística, este mes de maio boa parte do alumnado achegouse á máxica contorna do Monte Pindo subindo ata a Moa. Expedición de valentes mozos e mozas do IES Fernando Blanco con posterior baixada á praia de Caldebarcos. Día de convivencia, de contacto coa nosa mellor natureza, de suores, mais tamén de risos e alegrías.

Ningún comentario: