venres, 3 de novembro de 2023

RECORDA!! A NOSA PRIMEIRA LECTURA COMPARTIDA 





O vindeiro mércores 8 de novembro os tripulantes de Nautilus reuniranse para comentar "Os crimes da rúa Morgue", publicado en 1841 polo escritor norteamericano Edgar Allan Poe.

Poe está considerado como o creador do relato curto contemporáneo, ademais de ser tamén pioneiro na temática de contos de misterio e terror.

Conseguirá o detective Auguste Dupin resolver o misterioso caso das mortes de Madame L'Espanaye e a súa filla Mademoiselle Camille L'Espanaye? Será máis astuto que a policía? Seremos capaces de averiguar quen é o asasino antes do final? 🕵️‍♂️

Ningún comentario: