Premio BREVITER de microrrelatos
O IES Arcebispo Xelmírez I de Santiago de Compostela fainos partícipes da convocatoria do II Premio BREVITER de microrrelatos co apoio da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. "Follow me!" será o tema desta II edición e versa sobre os distintos propósitos da identidade dixital na Internet. As obras poderán presentarse en lingua galega, española, alemá, inglesa e portuguesa. Poderá concorrer calquera persoa, de calquera nacionalidade, que o 1 de marzo de 2025 teña cumpridos entre 12 e 18 anos e que estea cursando estudos preuniversitarios ou de formación profesional. Cada participante só poderá presentar unha única obra.
As obras poderán ser, ben microrrelatos literarios ou poemas de ata 100 palabras, ou ben microrrelatos audiovisuais de ata 60 segundos. Deberán presentarse en formato non editable e non conter datos que revelen a autoría e nomearse segundo as especificacións recollidas nas bases e contarán coas contías económicas seguintes:
500,00 euros para a obra gañadora na categoría de microrrelatos literarios ou poemas.
500,00 euros para a obra gañadora na categoría de microrrelatos audiovisuais.
De terdes interese, premede neste enlace que vos fará coñecer prazos, premios, bases, etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario