venres, 26 de outubro de 2007

Día da Biblioteca


O pasado mércores, iniciamos unha nova etapa da nosa biblioteca cun pequeno acto en torno aos libros e á lectura. Esa acción que nos fai libres a través da palabra. Palabras recollidas neses obxectos tan particulares como son os libros. Nese pequeno acontecemento, estivemos acompañados por Berta Pérez e Ana Pillado -contacontos a primeira, ilustradora a segunda- quenes nos suxeriron mediante a voz e o debuxo o tesouro que agocha toda lectura.


Ningún comentario: