xoves, 15 de novembro de 2007

EXPOSICIÓN ESCHER E MATEMÁTICAS

Como xa estaba anunciado no blog, os alumnos de 2º e 4º de E.S.O. visitaron onte a exposición ESCHER E MATEMÁTICAS no Pazo de Feiras de Lugo. Vimos unha proxección sobre as obras do artista e a continuación levouse a cabo unha visita de máis de unha hora pola exposión. Separados en dous grupos participaron na creacción de mosaicos, caleidociclos e fixeron uso de programas informáticos para a realización de figuras e debuxos usando simetrías. Por último analizaron, xunto coas monitoras, moitas das obras imposibles do artistas.
Pronto colgaremos varias fotos da saída para que as poidades ver. Dende aquí agradecerlles a todos os alumnos a participación na exposición e o seu bon comportamento durante toda a viaxe.

Ningún comentario: