
FICHA TÉCNICA:
Dirección: Iciar Bollaín
Guión: Icíar Bollaín y Alicia Luna
Producción: Producciones La Iguana y Alta Producción
Duración: 106 min.País: España
Año de estreno: 2003
Reparto: Laia Marull, Luis Tosar, Candela Peña, Rosa María Sardà, Kity Manver, Sergi Calleja, Dave Mooney, Nicolás Fernández Luna, Elisabet Gelabert, Chus Gutiérrez, Elena Irureta.
Antonio ten un problema, os problemas requiren tempo e reflexión, non se poden resolver de repente, á mesma velocidade á que nos ten acostumbrados este presente tecnolóxico: o seu modo de comprensión do Un, do Outro, do Amar, do Saber e do Posuír faille temer a diferenza que a muller encarna en canto outro: por iso a intenta controlar. Controlar non ten nada que ver con amar e aparece a violencia. Porque a violencia e o control sí que teñen moito que ver entre sí. O que a 'súa' muller mostra como exterioridade, a súa simple existencia, é máis que nada a imposibilidade de que o modo de ser humano, demasiado humano do seu compañeiro se realice na historia: o seu compañeiro pensa que amala é posuíla e como non pode, porque posuír non ten nada que ver con amar chega a violencia. Unha violencia horrible, como tódalas violencias. Algo oscuro. Un desastre oscuro. E, como ben dicía a poetisa Safo de Lesbos: "no oscuro mundo, só é fermoso o que se ama".
Ningún comentario:
Publicar un comentario