sábado, 22 de decembro de 2007

As profesoras e profesores do equipo da biblioteca queremos dexesarvos a todos BO NADAL. E que o 2008 sexa un ano cheo de boas lecturas!



O acivro é un símbolo do Nadal.Un costume que ven de vello cando na entrada do inverno as tribos xermánicas colocaban pólas de acivro nos seus cuartos, ou cando en tempos dos romanos se asociaba ás festas de finais de decembro que se celebraban na honra de Saturno, o deus da sementeira.Podedes ler sobre o acivro e outros símbolos e tradicións do nadal no Portal Educativo da Xunta premendo AQUÍ.

Ningún comentario: