"Non aprendemos nada con aquel que nos di: 'fai coma min'. Os únicos mestres son aqueles que nos din: 'faino comigo', e que, en lugar de propornos xestos que debemos reproducir, souberon emitir signos susceptibles de desenvolverse no heteroxéneo..." G. Deleuze
domingo, 20 de xaneiro de 2008
POLA PAZ (I)
Os blogues das bibliotecas escolares galegas, unha vez máis, unímonos na loita do dereito primordial de todo ser humano: a convivencia pacífica. Porque sabemos que a base de toda coexistencia é o entendemento, o diálogo, o feito de sabermos abrir os nosos ollos e os nosos oídos para escoitar e entender, desexamos elevar as nosas voces como unha soa, un só berro unido por unha soa palabra, a palabra máis fermosa que debe reinar nas nosas existencias: PAZ. E para reclamala, para pedir aos gobernos que senten a dialogar, para pedir a todo home e muller que habite sobre a face da terra que sexa quen de trocar puños e fusís por verbas e entendemento, por conmiseración e diálogo, por amizade e respecto, é polo que estamos aquí. Dende hoxe ata o día 30, lembrarémosvos que podemos vivir en paz, que só hai que crer nela, confiar nela, traballar por ela. O noso labor primordial é e será sempre ensinar respecto, democracia e educación. O noso labor é axudar para unha mellor sociedade do futuro
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario