martes, 13 de maio de 2008

día das matemáticas


No ano 2000, a Federación Española de Sociedades de Profesores de Matemáticas acordou celebrar o 12 de maio de cada ano como día das matemáticas.
A data elixida é a do nacemento de D. Pedro Puig Adam, matemático español, catedrático do Instituto San Isidro de Madrid, e unha das poucas autoridades en didáctica das matemáticas do noso país recoñecidas mundialmente.
Estaremos toda a semana con actividades relacionadas coas matemáticas que deron comezo onte coa proxección da película "La habitación de Fermat", que resultou ser un éxito entre alumnos e profesores. A película abriu o camiño para formular problemas e acertixos que iremos resolvendo estes días e tamén para facer averiguacións sobre a vida e obra de matemáticos que se nomean alí. Conseguimos así, que os alumnos de 1º e 4º da E.S.O. fixeran unha exposición, que permanece na biblioteca, na que podedes descubrir datos de Hilbert, Fermat, Galois, Nash, Vázquez Queipo, Susana Mataix.....

Ningún comentario: