Hoxe celebrouse o Día internacional do libro na Bibliofernandoblanco. Grupos da ESO acudiron á biblioteca para facer entre eles recomendacións de libros que teñan un significado importante na súa traxectoria. Ademais da actividade conxunta, o alumnado e as titoras de 1º ESO fixeron unha exposición no corredor recomendando libros que son do seu agrado e que lles gustaría compartir con todas e todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario