ÚLTIMA XUNTANZA DESTE CURSO DO "CLUB DE LECTURA NAUTILUS" NA NOSA BIBLIOTECA
O venres 23 reuniámonos unha vez máis para compartirmos pareceres sobre unha obra literaria cunha parte do alumnado que integraba Nautilus este curso. A obra desta volta, e a suxestión dunha das tripulantes do club, foi Lejos de Ana Cerezuela. Esta vai acompañada das ilustracións de Kaos (Juan Bermúdez)
A reunión acabou cunha entusiasta lectura dun dos poemas da obra por parte dunha destemida tripulante da nosa nave. Ela e outras das integrantes do grupo surcarán novos mares o curso que vén. Feliz e favorable travesía!
Aproveitamos para desexar un bo e merecido verán aos integrantes deste Club máis tamén aos do Club de Manga, así como a toda a rapazada do Fernando Blanco.
Até o curso que vén.
Boas lecturas estivais. Se queredes, aquí tedes as suxestións que nos fan outr@s compañeir@s desde a Biblioteca Safo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario