venres, 24 de novembro de 2023

Por fin hoxe,  os integrantes do Club de lectura Nautilus tivemos o agardado encontro con Serena Simón Vives coa que comentamos os relatos de Delirios y desvelos, obra constituída por tres historias de medo e terror que deron para a reflexión e para formularlle curiosidades á súa autora, quen se achegou tamén ao proceso da creación literaria. Isto xerou, ademais,  momentos de compartir experiencias con algúns dos tripulantes de Nautilus que, non só len, senón que tamén deron xa os seus primeiros pasos neste mundo da escrita. 

 



 

Desde a distancia, os 1107 quilómetros que separan Cee de Cox (Alicante) como ben nolo fixo saber Serena, queremos agradecerlle a súa atención para connosco e, sobre todo, que puideramos desfrutar dun tempo de xuntanza ao redor das súas historias, mais tamén do fenómeno literario en xeral.  

 

 





          

 

 

 

Ningún comentario: