8 M e Rosalía de Castro
Co gallo do Día da Muller e aproveitando que facemos medrar a exposición dedicada a Rosalía de Castro, a Biblioteca do IES Fernando Blanco achega algunha obra que amosa o seu compromiso como muller nun s. XIX nada doado para a creación literaria feminina, mais tamén reflicte a proximidade a todo tipo de mulleres traballadoras e das clases populares .
Damos tamén protagonismo a algún dos seus poemas e artigos, recollidos estes últimos en xornais da época. É o caso de "Lieders", publicado en 1858 no xornal El Miño de Vigo
Ningún comentario:
Publicar un comentario