miércoles, 14 de septiembre de 2011

AS BIBLIOTECAS ESCOLARES CON MARÍA DOLORES

Comezamos o curso con tristeza

Temos que despedir á compañeira Mª Dolores Martínez Tobío, docente no IES Luis Seoane de Pontevedra e responsable da biblioteca escolar do centro. Hai só uns meses que Mª Dolores nos puxo a Salvar Libros por centros de toda Galicia. Salvar os libros que valen a pena, as linguas nas que se escriben eses libros, as bibliotecas nas que se gardan... a memoria dunha mestra que día a día traballou a favor da cultura e a educación.

jdoloresj

Este é un documento colaborativo como tantos outros nos que Mª Dolores adoitaba participar co seu habitual entusiasmo. Desgraciadamente convocounos hoxe a súa despedida e pensamos nesta pequena homenaxe que xorde da mesma rede que ela axudou a tecer. Canto tempo e ilusión dedicados a Biblioiris, a súa bitácora vinculada á biblioteca escolar do instituto! Por iso os nosos blogs lamentan hoxe a súa ausencia. Por iso esta entrada será publicada por moitos outros centros, ademais dos que aquí figuran. Esperamos que este documento saiba representar tamén a tantas persoas que, desde a rede PLAMBE das bibliotecas escolares galegas, desexan expresar o seu pesar e as súas condolencias á familia e amigos da nosa compañeira. Son tantos os centros que a súa relación excede as dimensións deste documento.

Grazas Mª Dolores polas palabras, polas reflexións, polas propostas, polo tempo, polo que fixemos xuntos e que permitirá seguir camiñando pola ruta das bibliotecas escolares.

Cristina Novoa

Pilar Sampedro

Asesoría Bibliotecas Escolares


posanollocurtiscambre

teisolgamuxiavictorsaenztaragonacatoiraquintelatrafgegandoImaxe das ligazóns: Rapaza lendo. Gustav Adolf Hennig

3 comentarios:

CALPURNIA dijo...

Aprovechando el pie de este artículo, pues es el primero del curso, diré tambien GRACIAS.

Gracias a mis "compis" y a ese gran equipo de la Biblio,por dejarme compartir con ellos en estos dos cursos pasados, su ilusión, labor y trabajo.

Ya sabía lo que perdía, pero cuando estás en el "exilio" y ves lo que hay, comparas, es cuando realmente sientes el vacio de este gran equipo.

Como diría Calpurnia...y punto.

Besiños para todos/as.

Lisa Simpson dijo...

Eu tamén quero dar as grazas a tod+s os que compoñen o Equipo da Biblioteca, ENDL e club de lectura por compartir conmigo estes cursos a súa experiencia, traballo en equipo e saber estar. Bicos para tod+s(non tanto dende o exilio) e seguide traballando que se agradece moito aínda que sexa ó caladiño!!! Nós seguiremos por aquí...

Miss Hyde dijo...

Yo, desde aquí, sólo puedo decir que os echo mucho de menos... mucho, mucho... e igualmente me siento agradecida! Esperamos vuestro regreso!!! Mientras, llenaros de experiencias nuevas para que luego nos contéis que es lo que pasa ahí fuera...